Camiñares – Andrea Pousa Letra:
Comezo en singular
Sendeiros de luz
Sombras con face
Aldeas con quen falar
Vivir sen moita présa
Frechas amarelas
Marcan o meu paso
Das rutas pola fresca (BIS)
** Retrouso
Cada vez máis perto de ti…
Cada vez máis perto de min…
Santiago cara a ti vou.
Polos prados e carballos
Ando ao teu par
A soidade esvaece
Pasamos a outro lugar.
Augas purifican
Vida libre de pecado
Gaitas saen da sombra
Soan cantos do pasado. (BIS)
** Retrouso
Cada vez máis perto de ti…
Cada vez máis perto de min…
Santiago cara a ti vou.
Milagres encontrados
Sobre esforzos e pesares
Atopo un feliz encontro
un antes e despois
nos meus camiñares.
Nada semella o que foi
Todo cambia de cor
O feitizo feito canción.
Santiago cara a ti vou.