Deleiba – Erguerse

Deleiba – Erguerse

Lyrics Letra:

Nunca catro pasos
se fixeron tan eternos,
esperando ver como sinalan
as portas do inferno.

Xulgado sen dereito
a defenderme,
condenado a buscar unha razón
pra non renderme.

Cales son os pecados que me pechan
as portas do crer?
Non quero deixar o meu lugar,
teño medo de naufragar.

Cada vez que me tumben
reunirei as forzas para erguerme.
Seguirei o meu camiño
contigo ou sen ti.

Non soporto a escuridade,
non podo camiñar,
pola senda que me leva
a onde eu non quero estar.

O tempo pasa
e non podo decaer.
Nesta loita eterna
na que non penso perder.

Cales son os pecados que me pechan
as portas do crer?
Non quero deixar o meu lugar,
teño medo de naufragar.

Cada vez que me tumben
reunirei as forzas para erguerme.
Seguirei o meu camiño
contigo ou sen ti.

%d blogueiros gostam disto: