Hugo Guezeta – Flotando

Flotando – Hugo Guezeta Letra:
Hugo Guezeta:
Estou flotando, notando
que volto perderme nesta mente conversando
con versos ando a voltas, pelexando
mudando de estilos pero nunca de ban…

…domino cada forma de rimare coas palabras
non recolles froito da terra se non a labras
ya ya yá ya yé
o camiño é duro pero seguimos en pé
PP! minten máis que falan xa noto
descursos retocados coma fotos
¿que sería deles sen a Púnica?
¿que sería de min sen a música?
a única que me comprende
,
poucas certezas moitos dependes
pensaba que xa superara isto pero volto
estar atrincherado sempre como Allende
¿que pretenten? que non, non é polo idioma
é polo sentir que non comprenden
vivir disto complicado dende o principio
e máis sen ter principios que se venden
nun zulo mental xa non pasan as horas
cando esa ansiedade non pode saír
só se estou creando saco todo fóra
teño que mudar e confiar en min
eu creo, que neste mundo feo
quero percorrerte enteira coma museo
apoialo barrio, valorar o que poseo
que vaia pro’ carallo banco central europeo
estoupa! limpen esas gadoupas
espido en letras ate por riba da roupa
volteime desconfiado
para saber de min olla quen vén ao meu lado
cun futuro pouco confirmado
non penso deixar’e meu idioma confinado
máis unha vez ala vou
onte rallado pero hoxe
estou…

RETROUSO (x2)
Flotando, notando, que volto perderme
nests mente conversando
con versos ando a voltas, pelexando
mudando de estilos pero nunca de bando
!

Estou flotando, flotando…
Na miña mente conversando…
Estou flotando flotando!

Letra lyrics lyric letras versuri musiek lirieke tekstet paroles

%d blogueiros gostam disto: